Mostrando entradas con la etiqueta artigos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta artigos. Mostrar todas las entradas

Dedicatoria ao Doctor Carracedo

Ilustración de Carla Madaleno Iglesias


 No Nadal de 1844 o médico psiquiatra alemán Heinrich Hoffmann andaba atribulado por Frankfurt adiante na procura dun libro co que agasallar ao seu fillo Carl de 3 anos. Mais o desacougo que lle estaba a producir a literatura infantil da época levouno a voltar para casa cun libro especial baixo o brazo. Ao amosarllo a súa muller esta ficou abraiada: era un caderno coas follas en branco. “Si, e nos imos transformalo nun libro”. El mesmo tiraba, anos máis tarde, as súas propias conclusións nunha carta publicada no xornal Die Gartenlaube en novembro de 1871:
(PRO CAPTU LECTORIS) HABENT SUA FATA LIBELLI (Terenciano Mauro, De litteris, de syllabis, de Metris, v. 1286) “(Segundo a capacidade do lector) os libros teñen o seu propio fado”.

Un dos relatos do seu recoñecido Der Struwwelpeter, Perucho Ourizocacho, leva por título Die Geschichte vom Zappel-Philipp, Filipe o estrabuxador, que é considerada a primeira narración do comportamento dun neno que hoxe se tería diagnosticado como TDAH, trastorno que o mesmo Dr. Hoffmann pudo ter padecido segundo algúns dos seus biógrafos.

O principal problema de trastornos como este está, en palabras do doutor Ángel Carracedo, por unha banda na estigmatización social que sofren os nenos/as, preferindo que non trascendan o ámbito familiar; por outra, na grave marxinación que padecen por parte das Administracións.

Na actualidade esta patoloxía afecta a un 6,8% dos nenos españois entre os 6 e os 17 anos, dos que tan só un 1,6% son casos diagnosticados, sendo a responsable do 20% do fracaso escolar. Os expertos reclaman unha maior coordinación a través dun protocolo entre Sanidade e Educación a nivel estatal que evite a discriminación territorial actual − tan só seis Comunidades Autónomas teñen un protocolo destas características −.

Sería desexable que entre todos − nais, pais, médicos, docentes...− soubésemos encher esas páxinas en branco do libro do TDAH tal e como fixo o Dr. Hoffmann nun Nadal coma este: sería o mellor agasallo que nos poderíamos ter feito.


EXEGI MONUMENTUM AERE PERENNIUS (Horacio, Odas, III, 30, 1) "Levantei unha obra máis perenne que o bronce".

Dedicatoria de Xosé Martinez, profesor de latín do IES María Soliño, ao Dr. Carracedo, neurólogo relator da primeira conferencia nas xornadas TDAH do Morrazo do 2014 en Cangas.

Murales dos alumnos de debuxo artístico nos CEIP de Aldán e Ardán

Para terminar o curso 2012-2013 os alumnos de debuxo artístico I do IES María Soliño realizaron murales, o grupo 1ºB no CEIP de Ardán. Nota de prensa na ligazón.







Como nos afectan os recortes en educación



"...puntos clave dos recortes: Reducción do número de profesores, aumento do número de alumnos por grupo e  incremento das horas de clase do profesorado e das súas competencias.
Isto tradúcese en serias consecuencias para a educación dos seus fillos, tales como as que se resumen a continuación:

O aforro de profesores conséguese, en primeiro lugar, obrigando ao profesorado a impartir materias distintas ás súas propias. Lembrámoslles que os profesores de secundaria son especialistas (Matemáticos, Filólogos, Enxeñeiros,...),sen coñecementos específicos noutras materias, polo que,  malia a boa vontade e esforzo do profesorado, o seu fillo non está a recibir unha educación de calidade. Este feito pasou de ser algo anecdótico a converterse nalgo do maís habitual que non ten trazas de deterse, senón todo o contrario. 
Ningún de vostedes quedaría impasible ante o feito de ser atendido por un dermátologo cando o que necesitan e o que pagaron é un cardiólogo. Tampouco permitirían  que o transporte escolar dos seus fillos fose conducido por alguén que non conta co carné específico de autobuses.Do mesmo xeito consideramos que non deben conformarse con que os seus fillos teñan un profesor na aula, sen  esixir  que sexa un especialista de cada materia. Pensen nas consecuencias, por exemplo, nas notas de selectividade dos seus fillos, ou na calidade da educación  pública en xeral a longo prazo.

Por outra banda, redúcese o profesorado con funcións de apoio ou reforzo educativo. Isto supón que os seus fillos están a perder a posibilidade de seren atendidos en desdobres ou pequenos grupos de reforzo ou apoio naquelas materias nas que presentan dificultades de aprendizaxe. Vense tamén totalmente desamparados cando teñen materias pendentes do ano anterior. O abandono ou falta de titulación do alumnado con máis dificultades é algo totalmente predecible.

Tamén se reduce o profesorado para cubrir as sustitucións, de xeito que as baixas inferiores a 15 días non son cubertas e os seus fillos non reciben clases durante dito período.

O incremento das horas de clase fai que o docente teña máis clases que preparar e menos tempo para facelo. Aínda que moitos o descoñezan, o traballo fóra da aula e o que determina en gran medida unha ensinanza de calidade e require de moitas horas de dedicación por parte do docente. As consecuencias para os seus fillos son: materias e recursos educativos peor preparados; menor frecuencia de exames, controis de avaliación da aprendizaxe ou recuperacións; menos posibilidades de corrección diaria e seguemento individualizado do alumno,...

O aumento de alumnos por grupo dificulta  indubidablemente todo o referente a unha atención individualizada do alumno e unha educación de calidade. Pensen que o mesmo profesor que está a ensinar ao seu fillo ten que ensinar, avaliar, correxir, motivar, entender,  atender, animar,comprender, vixiar, educar... a un par de centos de alumnos máis por semana, máis dun cento por día e máis dunha trintena por hora.

Este incremento de alumnos por grupo ten tamén outras consecuencias, tales como: menor control por parte do profesor (disminuíndo a seguridade en actividades que poidan implicar certo risco),  imposibilidade de manter clases de conversa nas materias de idiomas ou  a insuficiencia de recursos materiais (ordenadores, material de laboratorio, instrumentos musicais ou equipamento deportivo). Ademáis da reducción da calidade da ensinanza dos seus fillos, éstes veránse obrigados cada vez máis a  comprar ou pagar polo uso dun material que tradicionalmente viña aportando o centro (medida que xa veu obrigado a tomar este ano o noso departamento de Educaión Física, por exemplo).

O incremento das nosas responsabilidades como traballadores, sumada á reducción de profesorado, está a restar horas para levar a cabo  as nosas tarefas como docentes. O desempeño de tarefas que consideramos non propias do profesorado  de alumnos de secundaria, tales como as gardas de custodia á chegada e saída do transporte escolar, vai en detrimento, por exemplo, de tarefas educativas tales como manter un horario contínuo de apertura da  biblioteca para o aproveitamento por parte dos seus fillos.

Esperamos, con esta información, facelos un pouco máís conscientes do que está a pasar realmente nos centros educativos públicos e da necesidade de loitar contra o deterioro da calidade da ensinanza dos seus fillos. 

Non queremos rematar esta carta sen mencionarlles que, malia a dura situación descrita, os profesores deste centro  estamos  a poñer a mellor das nosas vontades para paliar as dificultades ás que nos enfrentamos e que , sendo tamén pais na gran maioría, os nosos intereses son os mesmos que os de vostedes: Unha educación pública e gratuíta de calidade e para todo."

carta enviada pola compañeira de Educación Física Vanessa Rivas

As espectativas son optativas



Conta unha historia tibetana, que un día un vello sabio preguntou aos seus seguidores o seguinte: -Por que a xente grítase cando están enfadados?
Os homes pensaron uns momentos:
-Porque perdemos a calma –dixo un– por iso gritamos.
-Pero por que gritar cando a outra persoa está ao teu lado? –Preguntou o sabio– Non é posible falarlle en voz baixa? Por que gritas a unha persoa cando estás enojado?
Os homes deron algunhas outras respostas pero ningunha delas satisfacía ao sabio.

Finalmente el explicou:

-Cando dúas persoas están enojadas, os seus corazóns afástanse moito. Para cubrir esa distancia deben gritar, para poder escoitarse. Mentres máis enojados estean, máis forte terán que gritar para escoitarse un a outro a través desa gran distancia.
Daquela o sabio preguntou:
- Que sucede cando dúas persoas namóranse?
Eles non se gritan, senón que se falan suavemente Por que? Os seus corazóns están moi preto.
A distancia entre eles é moi pequena.
O sabio continuou –Cando se namoran máis aínda, que sucede? Non falan, só murmuran e vólvense aínda máis preto no seu amor. Finalmente non necesitan sequera murmurar, só se miran e iso é todo. Así é cuan preto están dúas persoas cando se aman.
Logo dixo:
-Cando discutan non deixen que os seus corazóns se afasten, non digan palabras que os distancien máis, chegará un día en que a distancia sexa tanta que non atoparán máis o camiño de regreso.

————————————————

A intensidade do berro está a marcar a gran distancia que existe entre dúas persoas.
Cando sería lóxico gritar? Cando hai unha distancia física considerable ou un espazo concreto que fan que o ton normal da voz, sexa inaudible.
Se estou a moitos metros dun ser querido que se esqueceu algo mentres se está indo, soa comprensible elevar o ton de voz para que o deteña a súa marcha; vire a súa cabeza, e poida escoitar o que tento dicir.
Por que entón gritamos a alguén que está enfronte a nós, no mesmo cuarto, no mesmo ambiente, a 10 cm. do noso rostro?
Grítolle porque eu non me podo escoitar, dada a miña alteración emocional. Creo que os demais tampouco poden facelo. No meu adormecemento menosprezo a capacidade dos outros.
A próxima vez que griten, reflexionen sobre a distancia que están a marcar con respecto ao outro ser, que teñen enfronte.
Canto máis se amen con alguén, sobran as palabras; e esas poucas que se digan, son expresadas con absoluta dozura e amabilidade, valorándoas xustamente por ser poucas e prezadas.
Vivimos falando nas nosas relacións diarias, bla bla bla, coma se transmitísemos un partido de fútbol todo o tempo. Temos necesidade de contar todo o que sucede, aos outros e a nós. Transmitir como o teléfono descomposto da historia, os rumores das situacións que canto máis narradas, máis irreais fanse.

Que pretendemos ao falar sen parar? Manter activa unha relación, crendo que o outro permanece mais na nosa vida cando mais falamos?

Confundimos unha comunicación sa cun océano turbulento de palabras. Cometemos a tolemia de chegar á nosa casa que debería ser un santuario de vibracións pacificas e belas; e ao minuto de abrir a porta contámoslle a quen están alí, todo o que nos sucede no mundo ara que o outro acompañe a nosa situación ou nos console na nosa calidade de vítima.
Despois da incontinencia verbal, adoitamos prender a TV e escoitar durante varias horas máis, como falan os outros.
As nosas mentes adictas ao ruído, non se permiten o espazo de sanación que só dá o silencio.
Despois que as parellas se contaron todo, só aceptan calar se é a TV quen a todo son os hipnotiza e ocupa ese lugar de alteración que se prolonga durante o día. É isto falar desde a alma? É isto facer que o corazón se exprese? É isto amarse con cada mirada, con cada xesto e coa cantidade mínima de palabras que segundo a situación diaria danlle un toque de encanto á relación?

Isto demóstranos que desde o berro até o chisme, desde o rumor até a conversación frívola, pouco creativa e finalmente intranscendente, estamos a perder nas relacións humanas ocasións preciosas de fundirnos a través da mirada na alma do outro, de abrazalo, acariñalo, bicalo, facendo que a personalidade se durma e que o ser fúndase no outro en forma sublime. Cando a nova tentación de dialogo irrefreable apareza, sempre estamos a tempo de volver á verdade e volvemos ser os creadores da nosa vida.


Jorge E. Morais H. pecha esta reflexión cunha frase de Sai Baba: “Mais de tres minutos falando dun mesmo, xa está o ego tomando o control da situación”