Documental un anaquiño de ceo, e Exposición: A India, un ollar solidaro

En setembro a ONG Shangaindia, con sede en Cangas de Morrazo, presentará o documental de Luis García Verdú "Un trozo de cielo"(un anaquiño do ceo) sobre a Escola María Soliña da India. En Vigo o venres 21 ás 20:00h no auditorio do Centro Cultural de Nova Galicia Banco e en Cangas o domingo 23. O evento contará tamen con actuacións musicais de Xosé Rocha e Jordi Prat interpretando temas da banda sonora orixinal do documental e será presentado pola actriz Uxía Blanco. A entrada de 5 euros servirá para dar continuidade ó proxecto levado adiante pola fundadora Neneta Herrero nunha rexión agrícola aillada da India onde a precariedade e os ciclóns deronlle pé a creación dunha escola para garantir un futuro mellor a centos de nenas e nenos moitos dos cales teñen que quedar a dormir nas instalacións. Cun euro a Escola consegue dar 8 comidas, máis de 700 ó día, e grazas ás aportación de soci@s e colaboradores tamén a educación que precisan.


O documental presentanos da maxistral man de Luis García Verdú os avances conseguidos grazas a este loable proxecto sostido pola axuda directa dunha ong de fondo (sen apenas gastos administrativos). O documental forma parte tamén do colaboracionismo e a aportación voluntaria dun traballo profesional para este fin solidario.




teaser do documental

Do 14 ó 29 de setembro varios fotógrafos que visitaron a Escola poñen a venda, co mesmo fin, na Capela do Hospital de Cangas en horario de 12 a 14:00 e 18:00 á 20:00 unha mostra de fotografías artísticas baixo o título "A India, un ollar solidario"

Cartaz para anunciar os eventos de setembro en Cangas de Morrazo e Vigo


Montaxe Audiovisual realizado por unha das visitas á Escola en decembro de 2010










Podes colaborar facendote soci@ entrando en www.shangaindia.org
ou mercando unha entrada, calendarios, un DVD do documental ou unha fotografía da exposición



VISITA Á EXPOSICIÓN
FOTOGRAFIAS SOLIDARIAS DE:
Luis García Crego, Mónica Massó, David Rusell, Javier Teniente, Lydia Soage Miranda e Joseba García Plazuelo















No hay comentarios:

Publicar un comentario