Luz Beloso Rodríguez, artísta, profesora e innovadora



PARABENS!
O traballo empregado a partir do blog de EDUCACIÓN PLASTICA da miña preciada colega e amiga Luz do IES As Barxas de MOAÑA, na comarca do Morrazo en Pontevedra, conseguiu chegar á final dos premios Edublogs 2010 e un accesit no 2011. Un traballo que sobrepasa as funcións dun docente pero demostra o interés de moitos por acadar a súas propias competencias aportando moitas horas extras non remuneradas, o traballo de investigación e participar no desenvolvemento do novo ensino. Recentemente a capacidade e implicación de Beloso no seu proceso de transmisión educativa e colaborativa no seu instituto de ensino secundario, O IES As Barxas de Moaña (Pontevedra) acada a distinción de Centro Educativo Creativo por parte do Ministerio de Educación cunha dotación económica de 24.000 euros para que poidan seguir traballando nesta innovadora liña. Pronto poderemos disfrutar tamén das súas últimas creación pictórico-gráficas.



O exito do mediometraxe producido pola profesora amosa a calidade que tamén acada o actual ensino público nun proceso de re-evolución impulsado recentemente a escala mundial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario